Comprometido pero con humildade

Comprometido pero con humildade
23 de Setembro, 2019 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 11 – 0 Vilarmaior. “Fixemos un partido serio e comprometido, con traballo e humildade e o marcador reflexa o acontecido no campo” salienta o adestrador do Cultural Maniños Pablo Mesa. O equipo branco continua líder da Segunda Galicia de fútbol, pero só van dúas xornadas disputadas.

ESCOITA O PODCAST:
Abraham Santos e Arnaldo Moraes "Junior"

Defendeu a meta do Maniños Arnaldo Moraes “Junior” quen tivo escaso traballo xa que a maior parte do xogo desenvolveuse no terreo do Vilarmaior. A pesar diso permaneceu atento e acertado, segundo Pablo Mesa. O Cultural Maniños visita a vindeira xornada o campo dos Pinares de Perlío. “Se gañamos daríamos un paso moi importante para clasificarnos para o grupo bo na segunda fase” subliña o técnico da entidade branca.

Deportes

Publica o teu comentario agora