As comunidades piden a ampliación do prazo da devolución da débeda pública

As comunidades piden a ampliación do prazo da devolución da débeda pública

25 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As autonomías participantes no VIII Encontro de Comunidades Autónomas para o desenvolvemento dos seus Estatutos de Autonomía asinaron hoxe un acordo para reforzar o seu funcionamento ao transformarse nunha Conferencia de Gobernos Autonómicos. Esta transformación facilitará a cooperación e a colaboración entre as Comunidades, permitindo que aborden conxuntamente asuntos que lles afectan fronte ao Goberno Central.

Un dos acordos tomados hoxe, aprobado de xeito maioritario, consiste en solicitar ao Goberno central que amplíe o prazo da devolución da débeda pública ás Comunidades Autónomas durante os vindeiros 10 anos. Ademais, avanzouse na definición doutros convenios, que teñen como obxectivo o establecemento de actuacións comúns en materia de promoción do plurilingüísmo, política pesqueira, transporte público, I+D+i e seguridade industrial.

A conferencia celebrarase de xeito periódico dúas veces ao ano e a primeira reunión, que toma o relevo dos oito encontros celebrados ata agora, terá lugar en Cantabria o vindeiro mes de febreiro.

Sociedade