Con Astano no corazón

Con Astano no corazón

08 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha grande espectación despertou en Fene a presentación do libro, "Astano. Un estaleiro, unha vivencia". Máis de cen persoas, a maioría relacionadas co estaleiro fenés, acudiron ao acto presidido polo alcalde e polo autor da publicación, editada co apoio do Concello e da Deputación Provincial da Coruña. 700 exemplares, saídos da primeira edición, poden retirarse gratuitamente nas dependencias municipais. A orixe da publicac

Cando cumpliron 45 anos da sua entrada en Astano, xurdíu a idea de recopilar datos e material gráfico dos barcos construídos en Fene. E daí xurdíu este traballo que primeiro pretendían facer para eles mesmos, como un recordo. Segundo o autor, José Manuel Serantes Caínzos, a edición supuña tanto investimento económico que acabaron demandando o apoio que finalmente chegóu do Concello de Fene e da Deputación.
    
O alcalde, Iván Puentes, referíuse a "Astano. Un estaleiro, unha vivencia" como a recopilación do fundamental "o resultado do traballo realizado no estaleiro fenés: os barcos". Puentes manifestou, na sua intervención, que a factoría é mais que unha empresa, "explica o que é Fene, porque foron sempre da man". Puentes amosouse asombrado polos detalles sobre os barcos que aparecen no libro e desexou a edición dun segundo volume porque, dixo, "iso significará que o estaleiro continúa traballando".

José Manuel Serantes Caínzos fixo referencia á Reconversión dos anos 80 para explicar como se desperdigaron aqueles traballadores do 1965 e o porqué decidiron reunirse de novo dende o ano 2000, cada ano pola Semana Santa. Veñen de Madrid, de Canarias, e de tantos sitios, para verse. Pero ese desexo de reunirse foi medrando con outras iniciativas como a organización de excursións ou a construcción dunha páxina web, no 2004. Aí foi onde empezaron a reunir datos e imaxes do traballo en Astano que finalmente conduciron ao libro que hoxe se presentou na Casa da Cultura de Fene. Un libro pensado para eles- de feito os seus exemplares están personalizados cos seus nomes-. Como afirmou Serantes na sua intervención, "...ten pouca literatura..." pero, seguro afirmarían os presentes, está feito con moito compañeirismo e moito amor por Astano.

Sociedade