ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O poema "Un repoludo gaiteiro" e o manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega na voz da actriz Loreto de Castro serviu para conmemorar o Dia de Rosalía en Fene. O alcalde Juventino Trigo e membros da Corporación tamén participaron nun acto realizado no xardín Rosalía de Castro en Perlío.
1837. O ano no que nace Rosalía de Castro proclamase unha nova Constitución de signo liberal avanzado. Os corenta e oito anos da vida de Rosalía transcorren no marco do período isabelino, o sexenio revolucionario e a restauración da monarquía borbónica con Afonso XII. En Galicia os alzamentos liberais contan co apoio das tropas aquí asentadas, pero o único que tivo unha importancia específica para a historia deste pais foi o pronunciamento de Solís en Lugo, en 1846, que remata co fusilamento dos mártires de Carral.
Os promotores do primeiro galeguismo foron todos amigos ou coñecidos de Rosalía e Murguía. Para a nova xeración de galeguistas da que eles forman parte, a revolta de Solís constitúe un fito e un exemplo que vai inspirar a súa actividade. A causa galega foi sempre unida á dos progresistas porque só dende a perspectiva dunha reforma en profundidade se podía pensar na modernización da sociedade galega. Nese contexto, Rosalía de Castro vai expresar o drama do sufrimento humano e das aspiracións á felicidade, nunha dimensión universal. Mesmo xustifica a rebelión perante a opresión. Era unha muller con conciencia galega.
Comentarios
<a href=http://cialiswwshop
Publica o teu comentario agora