Con ollos de muller

Fene culmina con cine e teatro os actos do Día da Muller.
20 de Marzo, 2019 - 09:47 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol remata os actos do mes de marzo, adicados ao Día Internacional da muller, coa presentación do libro de Ánxela Loureiro. A Universidade aborda hoxe a violencia sexual na xuventude.

Pasado o 8 de marzo, a comarca de Ferrol aínda festexa o Día Internacional da Muller con actos como o de hoxe no Campus Universitario ferrolán que acolle as “II Xornadas de prevención e sensibilización sobre a violencia sexual na xuventude”. O programa comenza cunha charla sobre “A violencia de xénero en parámetros de saúde” a cargo da profesora do Departamento de Ciencias da Saúde da UDC, María Jesús Movilla, ás 10.00h. Unha hora despois intervén Jorge garcía Marín falando da “Performance da masculinidade hexemónica: aprendendo a manter privilexios”. Ás 12.00h fala Yolanda Trigueros sobre “A violencia sexual contra as mulleres: mitos e realidades”. O programa conclúe ás 13.00h coa participación de Teresa Lozano e Zúa Méndez que falarán sobre “Porno e violencia sexual”.

A mestra e escritora Anxela Loureiro pon o colofón aos actos do Día da Muller do concellod e Ferrol. Este venres 22 de marzo presénta no Centro Cultural Torrente Ballester o libro “Voces da memoria con ollos de muller” ás 20:00 horas. Trátase do seu primeiro libro de ensaio, relacionado co 10 de marzo de 1972.

O concello de Fene continúa coa programación do 8 de marzo. O venres 22 proxectase na Casa da Cultura , ás 19h, a curtametraxe “ Tecido resistente” (2018)seguida dun debate coa súa directora,Marina Chiavegatto. Esta é a historia de centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos comenzos do siglo XX en Galicia. Tiñan 14 anos cando comenzaron a traballar na fábrica de tecidos de Présaras (Vilasantar). Cobraban 37 pesetas á semana. Con eses cartos mantiñan a economía familiar.

Pechanse as actividades en Fene o venres 29 de marzo ás 18,30h, no mesmo escenario da Casa da Cultura, coa representación teatral de “Mullerazas” da compañía Criando Malvas. (Na foto, a mesa redonda formada por mulleres profesionais de Fene, coa que se abrían os actos o pasado 15 de marzo).

Sociedade

Publica o teu comentario agora