Con paté de xabarín

Con paté de xabarín
14 de Novembro, 2019 - 12:27 h. | Publicada por Radio Fene

Tona líquida e paté de xabarín. Dúas tostas e un ovo en cazola. Sal e pementa  Eses son os ingredientes da tapa da Cervexería Novo Tarnas na avenida Naturais de Fene. Encargase da elaboración Ana María Painceiras que suxire misturar os produtos para que a tona combine co xabarín. A elaboración da tapa non da moito traballo aínda que leva tempo porque vai ao forno. 

ESCOITA O PODCAST:
Ana María Painceiras da cervexería Novo Tarnas

Novo Tarnas abre na Avenida Naturais de Fene, 33-35 en Fene. Serve a tapa dende este venres ás oito da tarde. O certame de tapas de Fene finaliza o 24 de novembro. A tapa cóbrase a un euro cincuenta.

Sociedade

Publica o teu comentario agora