Con tenda e saco de durmir, ao pé da Fraga

Con tenda e saco de durmir, ao pé da Fraga

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cunha filosofía ecoloxista mantéñense os campamentos intermunicipais da Escola de tempo libre Néboa. Os concellos de Neda, Ferrol e As Pontes colaboran nesta iniciativa que ten xa 21 anos e que marca a diferencia por conservarse como os campamentos de toda a vida, con tenda e saco de durmir.

Está aberto o prazo de inscripción para calquera das duas modalidades previstas: O Campamento Aventura, pensado para os pequenos de 6 a 11 anos e o Fortuna, o dos maiores, de 12 a 17. Este, o Fortuna dura 14 dias e desenvolvese do 5 ao 17 de xullo . O Aventura, unha semana, do 19 ao 26 de xullo.Cada un coas actividades especificas das suas idades.
O máis singular deles é o entorno escollido, Vilarbó , ao pé das Fragas do Eume, segundo´a directora de Néboa, María Ruán.

Os prezos destes campamentos intermunicipais son máis económicos porque o monitorado é voluntario. Así, no Aventura, páganse 118 € e no Fortuna 152, sempre que se trate de rapaces dos concellos colaboradores, do contrario pagase un pouco máis.

O prazo de inscripción nos Campamentos intermunicipais remata o 3 de xullo. Pódese realizar en calquera dos concellos colaboradores, de Neda, Ferrol e As Pontes ou no local de Néboa, na Muchiqueira, na Mourela.

Sociedade