Concentracións contra a monarquía en todas as cidades galegas

Concentracións contra a monarquía en todas as cidades galegas

02 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Milleiros de persoas participaron en concentracións contra a monarquía celebradas na totalidade das cidades de Galicia. Nalgunhas localidades celebrouse unha única protesta, pero na Coruña, Ferrol e Lugo, AGE e Podemos convocou por un lado, e o BNG actos nos que se reclamaba especificamente unha República galega.

"Se o goberno pensa que Felipe de Borbón conta co respaldo da cidadanía, ten que convocar unha consulta ou un referendum" manifestou o eurodeputado de Podemos Pablo Iglesias. Xosé Manuel Beiras (AGE) e Xavier Vence (BNG) reclamaron a apertura dun proceso constituinte.

Sociedade