ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Ordes acollerá, mañá domingo 19 de decembro ¡á oito do serán, a celebración do tradicional Concerto de Nadal. Unha cita musical que contará coa participación de tres formacións que coa súa música animarán a todos os asistentes con motivo das festas de Nadal.
As formacións que terán o protagonismo no escenario serán a Banda de Música de Ordes, a Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra e a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo.
Está previsto que o concerto, que está organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes, dea comenzo a partir das 20 horas no auditorio da Casa da Cultura.