ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Á praza do Concello de Fene saíulle un irmán, o parque anexo que conecta o espazo público co río Cádavo. Tratase dunha das obras incluídas no Plan E polo goberno municipal. Unha área conectada á praza a través dun paso adecuado para persoas minusválidas e enlazado á sua vez co paseo que discurre paralelo á canle do rio Cádavo e que se unirá no futuro co tramo do parque liñal executado en ant
A empresa adxudicataria, M.Collado Varela, tivo listas as obras, que custaron 264.000 €, nos dous meses previstos. A superficie do novo parque acada os 3.000 metros cadrados. Os bancos de madeira e un orixinal alumeado amoblan xa o novo espacio. O novo espacio de lecer duplica practicamente a superficie de ocio da que dispuñan os veciños e veciñas desta céntrica zona. Unha praza na que xogan moitos nenos e nenas e onde teñen lugar algúns dos acontecementos festivos máis sinalados e populosos do ano.O novo espazo intégrase na praza aportando, entre outras vantaxes, unha zona verde da que carecía e outra arborada que proporciona sombra a carón do río.