Concurso de tortillas nas festas de Centroña, en Pontedeume

Concurso de tortillas nas festas de Centroña, en Pontedeume

14 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Entre 30 e 40 tortillas espérase que participen no concurso organizado pola comisión de festas de Centroña para o vindeiro martes. As persoas que desexen participar deben presentarse ás sete da tarde do martes dia 17 no campo da festa de Centroña, en Pontedeume.

A comisión de festas de Centroña ven de ampliar un dia máis o programa de festexos. Así esta mesma noite o grupo Anclas amenizará unha verbena nocturna. Mañá domingo actuarán á noite Maracuyá e Anclas. Xa o martes no concurso de tortillas actuará como xurado o presentador de televisión e humorista Paco Lodeiro. Actuará Suso o organista e todo rematará cunha gran polbada amenizada polos Charangos. Unicamente 3 mulleres compoñen a activa comisión organizadora das festas de Centroña.

Sociedade