Conde Roa anuncia a súa dimisión

Conde Roa anuncia a súa dimisión

15 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Gerardo Conde Roa presentará mañá luns a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela. Faráo o mesmo dia no que o xuiz Vázquez Taín acorde a súa imputación formal como autor dun delito de fraude fiscal ao non pagar os 291.000 euros correspondentes ao IVE dunhas vivendas vendidas no ano 2010.

Conde Roa reuniu ás seis da tarde deste domingo aos seus concelleiros para comunicarlle a súa decisión, adoptada tras recibir numerosas presións da cúpula do seu partido. A reunión extraordinaria do grupo popular celebrouse nos locais da formación política e contou coa participación de Alberto Núñez Feijoo, que abandonou a sede dos populares arredor das 19,30 horas, sen facer declaracións. O PP propoñerá ao primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Ángel Currás, como candidato a alcaldía da capital de Galicia. Na Corporación de Santiago de Compostela, o Partido Popular conta con 13 concelleiros, por 9 do PSdeG PSOE e 3 do BNG.

Sociedade