Conferencia sobre a próstata nas Xornadas sobre Envellecemento Activo de CCOO

Conferencia sobre a próstata nas Xornadas sobre Envellecemento Activo de CCOO

10 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A área sanitaria de Ferrol é pioneira en Galicia, ademais dun referente, no emprego de cirurxía radical laparoscópica para o tratamento do cancro de próstata. Asegurouno esta tarde en Ferrol o xefe do servizo de uroloxía do complexo Hospitalario Arquitecto Marcide. O doutor Miguel Ángel Cuerpo falou sobre “a próstata e a súa patoloxía" no marco das Xornadas sobre Envellecemento Activo que organiza a agrupaci&oacu

Nos últimos vintecinco anos producíronse grandes avances no diagnóstico e tratamento do cancro de próstata, segundo o responsable do servizo de Uroloxía da área sanitaria de Ferrol. Miguel Ángel Cuerpo citou como primeiro cambio importante a propia actitude dos pacientes, que hoxendía acuden á consulta do médico sen necesidade de padecer ningún tipo de sintomatoloxía, o que permite en moitos casos detectar a enfermidade precozmente.

Para o diagnóstico do cancro de próstata e de calquera outra patoloxía asociada a esta glándula, Miguel Ángel Cuerpo citou como probas fundamentais a do tacto rectal (porque ofrece ao especialista unha primeira impresión sobre o seu tamaño e consistencia), ademais da ecografía e da analítica PSA.

Durante a súa intervención nas Xornadas sobre Envellecemento Activo, o responsable do servizo de Uroloxía do Arquitecto Marcide falou tamén sobre o tratamento do cancro de próstata e citou como alternativa á cirurxía radical aberta, a laparoscópica, unha técnica menos agresiva e máis precisa na que a Área Sanitaria de Ferrol "é pioneira". 

Moito público asistiu á conferencia do Dr Cuerpo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta. O especialista comentou algunhas das patoloxías máis frecuentes relacionadas coa próstata: o adenoma ou crecemento benigno, a prostatitis aguda e a prostatosis ou prostatitis conxestiva.

Sociedade