Configurado o organigrama da corporación municipal de Fene

Configurado o organigrama da corporación municipal de Fene

05 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o tenente de alcalde, Alejandro Dopico, terán dedicacións exclusivas no goberno municipal de Fene. Esta decisión aprobouse onte nun pleno extraordinario no que se decidiu o organigrama interno da corporación municipal. Así, tamén se acordou o nome dos voceiros dos catro partidos con representación no concello: Rocío Bértoa polo PP, Iván Puentes será o do PSOE, Manuel Polo continuará

Na sesión plenaria de carácter organizativa deuse o visto bó á creación, composición e periodicidade das comisións informativas permanentes e do reparto de representacións nos distintos órganos colexiados. Os plenos ordinarios fixáronse, coma nos últimos anos, para os primeiros xoves de mes ás seis da tarde.

Respecto ás dedicacións exclusivas do alcalde e do tenente alcalde, o voceiro socialista, Iván Puentes, avogou pola necesidade de dignificar os salarios dos representantes municipais aínda que lembrou a necesidade de apretar o cinto no contexto actual de crise. Pola súa banda, Manuel Polo, en nome do BNG, criticou que o actual goberno do PP pida estas dúas dedicacións exclusivas cando hai catro anos votaron en contra desta mesma decisión. Ao final a medida adoptouse co voto favorable do PP e a abstención de PSOE, BNG e EU.

Foi o voceiro do BNG quen se laiou da falla de constitución nese pleno do Consello Escolar Municipal, da Mesa de Contratación e da Xunta de Portavoces. “Faise obrigados máis que nunca o diálogo e o consenso entre os partidos” indicou o voceiro nacionalista.

O último punto do día foi a distribución dos locais dos catro partidos políticos. Os metros cadrados importan como se puxo en evidencia durante a sesión plenaria. Iván Puentes e Manuel Polo intercambiaron distintos pareceres arredor desta cuestión. Puentes insistiu que o despacho máis grande correspondía á segunda forza política máis votada, o PSOE. Réplica e contrarréplica que rematou coa aprobación por unanimidade de todas as formacións.

Este xoves, ás seis da tarde, celebrarase o pleno extraordinario correspondente a este mes de xullo.

Institucional