A Conselleira Rosa Quintana visitou os pósitos da ría de Ferrol

A Conselleira Rosa Quintana visitou os pósitos da ría de Ferrol

21 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O furtivismo e a zona C foron os argumentos estrela nos contactos que a Conselleira de Pesta realizou na ria de Ferrol esta mañán. Rosa Quintana visitou esta mañán as confrarías da ría para coñecer “in situ”as suas inquedandas. Comezou a ronda por Ferrol ás 10 da mañán, acompañada da directora xeral de desenvolvemento pesqueiro, Susana Rodríguez.  Entre as 10,00h e as 13,00h, Rosa Quintana visitou os p&

Na sua parada en Fene agardábaa unha nutrida representación das mariscadoras a pé, encabezada pola Patrona maior, Virginia Souto. Falaron do furtivismo pero, nun sentido positivo, da sua merma nos ultimos meses, e da zona C, o motivo de maior preocupación dos mariscadores de Barallobre. Están pendentes neste momento, segundo palabras da patrona, dos resultados da moratoria de Bruxelas para que o marisco depurado na zona poida comercializarse.

Pero nas instalacións do posito fenés non se falaba doutra cousa, coincidindo coa visita da Conselleira, que do proxecto dos pantaláns nos peiraos de Barallobre e Maniños. Un proxecto que se quere empezar a  abordar ao final do proximo verán. Os plans pasan por derrubar parte do perirao de Maniños, os últimos 60 metros que se adentran no mar, e facer o propio con toda a rampa do de Barallobre. Gañarase así unha boa zona de ribeira para o marisqueo a pé, segundo declarou a patrona Virxinia Souto. Ademáis colocarase un peirao de formigón flotante con proteccións para os barcos a ambos lados e finalmente uns pantaláns de amarre, tamén flotantes, con capacidade para unhas 100 embarcacións.

A confraría de Barallobre atópase nestes momentos en obras, nas suas instalacións. Vánse gañar metros ao local construíndo unha planta superior que albergará unha aula para cursos e un almacén. Abaixo, colocarase un escaparate de cristal para que os clientes poidan elexir o marisco sen necesidade de entrar na zona de depuración.

Sociedade