A consellería de Sanidade presenta a 5ª fase da Campaña de Promoción de Medicamentos Xenéricos

A consellería de Sanidade presenta a 5ª fase da Campaña de Promoción de Medicamentos Xenéricos

21 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Nesta nova fase uniranse aos doce xenéricos anteriores tres novos medicamentos: o Clopidogrel, un antiagregante, a Fluvastatina, un hipolipemiante, e o Escitalopram, un antidepresivo.

A conselleira destacou a creación dun Observatorio do Bo Uso do Medicamento, a constitución dunha Comisión Autonómica Central de farmacia e Terapéutica, e o desenvolvemento dunha unidade de apoio á prescrición, para facilitar o labor diario dos facultativos.

Pilar Farjas lembrou que, na Estratexia Sergas 2014, recóllense distintos aspectos destinados a diminuír o gasto farmacéutico do sistema público sanitario galego, e avanzou as actividades que se van a desenvolver para continuar con esta campaña: a incorporación do custe do tratamento do paciente na receita electrónica; a información acerca das alternativas terapéuticas máis eficientes; a eliminación das prescricións sen actividade dende hai tres meses; e a solicitude dos facultativos de cambio de prescricións a principio activo. Estas medidas completaranse coa elaboración do Catálogo Priorizado de Recursos Farmacoterapéuticos do Servizo Galego de Saúde.

Institucional