Constituese o Consello de Zona das Mariñas da comarca

Constituese o Consello de Zona das Mariñas da comarca

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado do director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo constituíron o Consello de Zona das Mariñas dentro da Lei e o Programa de Desenvolvemento Rural Sostible. En toda Galicia constituíronse 12 áreas rurais e no da nosa comarca están incluídos tódolos concellos.

No Consello de zona haberá representación da Xunta, de tres concellos suxeridos por Fegamp, sindicatos, asociacións de mulleres rurais, colectivos conservacionistas e grupos de desenvolvemento rural. As actuacións previstas en Galicia dentro desta iniciativa supera os 170 millons de euros.
A labor das zonas mariñanas xira en torno a varias liñas estratéxicas. Por un lado a diversificación da actividade económica e o domento do empregoa través do apoio a agricultura territorial e as infraestructuras xerais e de enerxías renovables. Por outra banda, búscase mellorar os servizos e o benestar social prestando unha especial atención ó medio ambiente coa conservación e a planificación e a adecuada xestión dos recursos naturais.

Sociedade