Constituido Seitura 22

Constituido Seitura 22

13 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Seitura 22, é o nome da novo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) que agrupa a 22 municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para optar as axudas europeas do programa Leader 2014-2020. Nesta nova entidade se condensan Costa Noroeste e Euroeume, que manteñen a súa autonomía aínda que agrupadas para chegar a mais territorio.As mesas de traballo comezan hoxe en San Sadurniño e continúan mañá en Narón.

A nova entidade está presidida polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, logo da sinatura do convenio, no que se establece que Costa Noroeste e EuroEume, poñen  a disposición de Seitura 22 o uso dos medios materias dispoñibles nas oficinas das entidades e dos seus recursos humanos técnicos, mentres non dispoña de medios propios para o exercicio da súa labor, co fin de levar a cabo as accións dirixidas a constitución da propia entidade, a dinamización e formación dos actores locais, ao asesoramento e estudos ou asistencia técnica sobre o territorio obxecto da estratexia de desenvolvemento local.

Seitura 22 persegue, estes obxectivos:

1. Elaborar un documento que recolla a situación do ámbito territorial e a visión que os diferentes axentes sociais  teñen da zona  na actualidade, en relación a como estaba o territorio cando se  constituíu o anterior GDR.
2. Propiciar a participación de entidades publicas e a sociedade civil, de cara a sentar as bases para a realización dunha intervención participativa, que oriente a elaboración dun futuro marco de desenvolvemento sostible desta zona.  
3. Consolidar grupos de traballo estables que poidan participar tanto na diagnose coma posteriormente en procesos de novas candidaturas a entidades xestoras do FEADER e na definición de estratexias de desenvolvemento rural da zona.
4. Integrar no proceso a persoal técnico dos diferentes municipios da zona, contando coa súa visión e perspectiva técnica.
5. Procurar a colaboración do tecido de entidades socias do GDR e doutras entidades ao marxe do mesmo.

Seitura 22 xa dispón dun blog e dunha dirección de correo electrónico na que se poden facer as aportacións.  seitura.blogspot.com e seitura22@gmail.com

Calendario de Mesas Sectoriais ABRIL 2016

Esta primeira convocatoria das Mesas Sectoriais consistirá en obradoiros de  participación para caracterizar os diferentes sectores socioeconómicos do ámbito territorial da Asociación de  Desenvolvemento Local 'Seitura 22'. Estas reunións están abertas á participación dos diferentes axentes e persoas interesadas, máis alá das entidades que xa forman parte de Seitura 22 ou que prevén asociarse no futuro.

Mércores 13: Mesa Turismo. Concello San Sadurniño, 19:30.

Xoves 14: Mesa Empresarios Pazo da Cultura de Narón; 1º Andar no café-teatro.19:30.

Luns 18: Mesa Benestar. Neda 19:30h. Casa da Cultura.

Martes 19: Mesa Agroforestal Eume. A Capela 19:00h. Biblioteca Municipal

Mercores 20: Mesa Agroforestal Ferrol/Ortegal. Cerdido 20:00h. Escola Avispeira (A Barqueira)

Xoves 21: Mesa Sociocomunitaria Eume. As Pontes 19:00h. CAP. Antonio Suanzes s/n (Antiga Estación autobuses).

Xoves 21: Mesa Sociocomunitaria Ortegal. Ortigueira 19:30h. Fundación Ortegalia.

Venres 22: Mesa Sociocomunitaria Ferrol. 19:30h Valdoviño Casa do Concello.

Luns 25: Mesa Institucional, Casa do Concello de San Sadurniño. 19:00 horas.

As mesas de turismo, empresariais, benestar e institucional teñen unha única convocatoria para todo o territorio da Asociación. A mesa Agroforestal terá dúas convocatorias, na Capela e Cerdido e, finalmente, na mesa sociocomunitaria está previsto realizar tres convocatorias para facilitar a participación debido o amplo número de entidades convocadas.

Sociedade