Construción de elementos interactivos para “manitas” na Domus

Construción de elementos interactivos para “manitas” na Domus

16 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Taller de Manitas é unha experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. O obxectivo desta actividade é fomentar as vocacións científicas e poñer en práctica a capacidade innovadora, así como potenciar que os participantes poñan en práctica a súa creatividade para resolver o

Esta experiencia preséntase como un complemento da exposición "Eureka!", sobre ciencia e creatividade producida polos Museos Científicos Coruñeses, e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). 

Haberá dúas edicións do taller, unha primeira que se celebrará entre marzo e abril, e unha segunda a realizar en abril, maio e xuño. Cada taller terá unha duración de seis sesións dunha hora e media, con sesión os mércores e os xoves de cada semana. 

Para participar hai que inscribirse previamente no grupo correspondente:

- "Taller de manitas" xuvenil, para público entre 17 e 23 anos.

- "Taller de manitas" sénior, participantes a partir de 55 anos. 

As inscricións deben realizarse a partir do 17 de febreiro no teléfono 981 18 98 40, en horario de 9 a 14 horas. Cada taller terá un máximo de 10 participantes. A participación é gratuit e ao final do mesmo entregarase a cada participante un diploma de asistencia. 

PROXECTOS DO TALLER DE MANITAS

Os talleres partirán dunha proposta inicial de proxectos que se debaterá co grupo, buscando o máximo grao de implicación dos participantes. Ao longo do proceso traballarase sobre as propostas de contidos e as solucións construtivas, modificándoas, adaptándoas e mellorándoas. Ao finalizar a actividade, os traballos realizados presentaranse ao público na Domus. 

Proxectos:
- Construción de maquetas a diferentes escalas: a miña cidade, o meu barrio, a miña rúa, a miña casa, o meu cuarto... Desde unha maqueta da cidade da Coruña cos seus edificios emblemáticos, á da rúa ou praza que seleccione o grupo, ou a dunha vivenda. 
- Realización dunha maqueta tridimensional decorada de zonas próximas á cidade ou paraxes naturais sinaladas de Galicia. 
- Construción do esteiro dun río.
- Construción dun simulador de ondas e tsunamis. 
- Construción de foguetes. 
- Construción dun motor Stirling. 
- Construción dunha maqueta de vivenda sostible (con instalacións de enerxía solar e eólica). 
- Construción dunha central mixta solar e eólica, sobre a base dunha torre árabe de refrixeración. 
- Construción de cúpulas xeodésicas. 

Sociedade