A consulta do idioma, unha fraude escandalosa para Nova Escola Galega

A consulta do idioma, unha fraude escandalosa para Nova Escola Galega

15 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A consulta ás familias, articúlase sobre unha metodoloxía acientífica e un proceso global que non ofrecer garantías suficientes para a protección de datos das persoas consultadas, afirma o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Asimesmo denuncian que no cuestionario "fúrtaselles ás familas posibilidade de poder optar por un ensino todo en galego. Pola contra sí se ofrece a posibilidade de optar por un ensino to

Nova Escola sinala que a consulta sobre os idiomas que debe empregar o ensino carece do "máis mínimo rigor científico e metodolóxico". Indican que só cabe esperar un resultado, "o que desexa con vehemencia o goberno galego". Acusan ademais á Xunta de amosar "unha ignorancia total dos procedementos legais" e reivindican o papel dos órganos representativos, democraticamente elexidos". Preguntanse asemade por que se produce, logo, unha consulta que ignora absolutamente estes órganos de goberno, e por que exclusivamente para a lingua.

 

O movemento de renovación pedagóxica califica á consulta de "fraudulenta desde a súa mesma concepción e perversa desde o uso que se lle outorga ao concepto democracia para conseguir un obxectivo definido de antemán". Nova Escola afirma tamén que "desde un punto de vista estritamente pedagóxico, a enquisa tamén" é indefendible. 

Sociedade