Conta atrás para as Festas das Peras en Pontedeume

Conta atrás para as Festas das Peras en Pontedeume

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O  comezo de setembro non é un impedimento para continuar cos festexos propios do periodo estival. O concello de Pontedeume celebrará desde este sábado a tradicional festa das Peras. As festas prolongaranse ata o venres 11 de setembro.

Para esta fin de semana o programa das festas está ateigado de eventos. O sábado comezarán ás 5:30 da tarde cunha baixada do río Eume. Ás 9 haberá unha velada de kickboxing. Máis entrada á noite, ás 11, os máis novos poderán bailar ata ben entrada a madrugada coa macrodiscoteca móbil “space music”.

A noite do domingo non vai ser máis tranquila xa que  Faltriqueira poñerá a música na noite. O grupo Limón, será o encargado de rematar a velada.

Sociedade