Conta atrás para o Verán Cultural de Ordes 2010

Conta atrás para o Verán Cultural de Ordes 2010

09 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Cine ao ar libre, danza, teatro, música, clown, maxia, malabares, humor, marionetas, títeres e circo son algunas das modalidades de lecer programadas no Verán Cultural de Ordes 2010. As actividades, que se desenvolven na alameda ordense, arrincan o vindeiro martes 13 de xullo, ás dez e media da noite, coa proxección de “Mi monstruo y yo”. En caso de choiva ou mal tempo os espectáculos trasladaranse á Casa da Cultura. 

O Verán Cultural deste ano inclúe unha programación para todos os gustos e idades. Porén, encherá de diversión e entretemento os meses de xullo e agosto para os veciños de Ordes e os seus visitantes.

Co pistoletazo de saída do martes ábrese un amplo ábano de propostas. O mércores 14 ofrecerase un espectáculo moi atractivo, “As díadras In-Novo” e outro de títeres, o xoves 15. Durante todo o mes de xullo sucederanse actividades, teatro o 16, música o 17, malabares o 18, humor o 22, maxia o 28 ou circo o 31. Todos os días haberá unha programación estable, que se repetirá tamén durante todas as xornadas do mes de agosto, coincidindo coas festas patronais.

Sociedade