Conta atrás para a una nova edición da Festa da Orella

Conta atrás para a una nova edición da Festa da Orella
16 de Agosto, 2023 - 06:04 h. | Publicada por Radio Fene

“As cociñas están máis que preparadas, agora só falla que veñan os comensais”, asegura Rosa Filgueiras, a “xefa de cociña” deste colectivo de máis de 30 persoas que, este domingo, cociñarán para máis de 800 persoas no Parque da Hortiña de Limodre.

 

Serán un total de 850 racións, sumando as racións de orella, tripas e bocadillos de liscos, as que se poñerán á venta a partir das 13:00 horas na que será a edición número 27 da Festa da Orella. Adobiadas todas elas con pan de Neda, patacas, viño ou auga. Quen visite o Parque da Hortiña de Limodre atopará un espazo público coidado, con preciosas instalacións, parque infantil e preparado con tódalas comodidades para a celebración desta Festa gastronómica que vai camiño de converterse nun clásico na comarca. A música terá tamén o seu protagonismo. Durante a xornada un trío local de música tradicional acompañará aos comensais e as actuacións iniciaranse ao redor das 16,30 horas coa CoRRal PoliAfónica do Aturuxo de Melpómene. De seguido subirán ao escenario o grupo folk Brixta e para rematar a tarde o dúo H&C animarán ás persoas visitantes a bailar ata rematar a festa.

Cultura

Publica o teu comentario agora