Continúan graves

Continúan graves
14 de Setembro, 2019 - 12:45 h. | Publicada por Radio Fene

Continúan ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña os dous empregados do Concello de Fene que resultaron feridos de gravidade no accidente acaecido na noite de onte na estrada que comunica Laraxe con Limodre. Un deles permanece en coma inducido e o outro estable dentro da gravidade. 

Accidente en Limodre

Por razóns que se descoñecen o vehículo saíu da estrada nas curvas da Areosa efectuando unha volta de campá. Foi preciso a intervención dos Bombeiros de Ferrol para excarcerar aos dous ocupantes. O sinistro acaeceu ás 21,30 no vehículo motobomba empregado na loita contra os incendios. Era o primeiro día de traballo do acompañante do condutor.

Sociedade

Publica o teu comentario agora