Continua a reurbanización

Continua a reurbanización
09 de Xaneiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O prazo de presentación de ofertas para a reurbanización de San Valentín finalizou o pasado 22 de decembro. O Concello de Fene procederá en vindeiras datas ao exame das propostas e a adxudicación á empresa máis ventaxosa. Trátase da actuación nos espazos que rodean ás torres I, II e III de San Valentín, continuando deste xeito co proceso de reurbanización do barrio. O orzamento alcanza os 199.794 euros estando incluido no Plan de Obras e Servizos da Deputación.

Fotografía: Cesar Galdo

Malia que o prezo será o factor determinante na adxudicación deste paquete de contratos de obras por parte da mesa de contratación, desde o Concello sinálase que, ademais das condicións de solvencia técnica e económica,  en todos eles se incluíron cláusulas sociais e laborais que a empresa adxudicataria deberá cumprir, relacionadas coa contratación de colectivos con dificultade para acceder a un posto de traballo -mulleres, persoas paradas de longa duración ou menores de 30 anos-, coa oferta de formación ao seu cadro de persoal e coa aplicación de medidas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes.

Institucional

Publica o teu comentario agora