Contra Nuño Freire de Andrade

Contra Nuño Freire de Andrade

20 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O debuxante e ilustrador coruñés, Manel Cráneo, autor dun álbum ilustrado sobre as guerras irmandiñas de Moeche, colabora con dalleQlibras na proxección arquitectónica que se vai desenvolver no Castelo durante o Festival Irmandiño esta noite.As imaxes da banda deseñada “Os lobos de Moeche” protagonizarán o espectáculo lumínico que se vai realizar con máis de once mil watios de potencia.

A partir das dez da noite en Moeche os concertos correrán a cargo de Muxarega, Leilía, Estimaba que viñeras e os irlandeses Alalé. O festival quere lembrar as revoltas contra os señores feudais destadas en Galicia no século XV. Roi Xordo guiou a primeira revolta irmandiña en 1431. Daquela destruiron o castelo  de Nuño Freire de Andrade o “Mao". En 1467 produciráse unha nova revolta irmandiña comandada nesta ocasión por Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos.

Sociedade