Contra os eucaliptos

Contra os eucaliptos
11 de Marzo, 2020 - 09:46 h. | Publicada por Radio Fene

Betula, asociación para a conservación do bosque atlántico, asinou un convenio co Centro de Formación e Experimentación Agro-forestal de Guísamo para o reforzo da poboación de fentos relictos nas Fragas do Eume. Os biólogos deste centro conseguiron reproducir en viveiro o fento Dryopteris Guanchica, que conta cunha pequena poboación nas Fragas do Eume. Dentro desta colaboración, plantáronse varios individuos desta especie nas fincas propiedade de Betula para reforzar as poboacións existentes nas fragas.

Xornada de colaboración entre Betula e o colexio Os Casais de Maniños (Fene)

Betula ten mercado terreos nas Fragas do Eume para deseucaliptizalos. O colectivo busca protexer os bosques e garda na actualidade sete hectáreas e media que mercou o pasado ano, grazas a unha axuda da Deputación da Coruña. Este ano estudan adquirir entre tres e cinco hectáreas máis. O seu obxectivo é protexer o bosque autóctono a perpetuidade. As fragas do Eume son paraxes senlleiras, indican desde a asociación. Betula conta con cen persoas asociadas e centran o seu traballo no voluntariado e na cooperación. Denuncian a falta de interese da administración para protexer o bosque atlántico.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora