Contra a violencia machista

Contra a violencia machista
27 de Xaneiro, 2020 - 12:33 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene realizou as doce deste mediodía unha concentración silenciosa de repulsa e rexeitamento do asasinato por violencia machista acaecido o sábado no Pastoriza en Lugo. Segundo unha nota oficial, Manuela de 79 anos, pagou coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecen as mulleres polo feito de selo. Asistiron concelleiros, funcionarios e empregados municipais

Concentración contra a violencia machista.

O acto de condena, repulsa e solidariedade insiste na necesidade dunha actuación global contra a “trata de mulleres” como unha das manifestacións máis evidentes do machismo na sociedade.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora