A contratación das obras do Fondo de Investimento Local faráse nos próximos dez días

A contratación das obras do Fondo de Investimento Local faráse nos próximos dez días

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As obras proxectadas no Concello de Vilalba con cargo ao Fondo de Investimento Local comezarán a súa adxudicación e contratación nos próximos dez días, para tentar cumprir canto antes cos prazos de remate das mesmas proxectados desde a Casa Consistorial. Unha das obras que ten maior prioridade será a do acondicionamento do bar da praia fluvial de A Magdalena, debido a que o obxectivo do goberno municipal e abrila antes do ver&aacu

O alcalde da capital chairega, Gerardo Criado, admitiu tamén o comezo de conversas co próximo goberno da Xunta, encabezado polo popular Alberto Núñez Feijóo, para a creación dunha gardería e para a transferencia das Travesías de Ferrol, Meira e Lugo.

“Unha das obras que consideramos prioritarias é a construción dunha gardería na vila para que se poida atender ás numerosas solicitudes que estamos a ter. Esperemos que desde a nova Xunta se atenda a esta petición e que nun prazo breve de tempo, sempre antes deste ano, quede a disposición dos pais esta nova gardería”, declarou Criado.

En canto á mellora e á transferencia das estradas de Ferrol, Meira e Lugo, o responsable local admitiu que “a pesar de ter firmada a transferencia, esta aínda non se levou a cabo”. Precisou que era necesaria tamén a súa renovación, porque teñen algunhas deficiencias no seu piso. Criado pedirá unha axuda á Xunta para poder financiar estes arranxos, xa que desde o Concello “é difícil que teñamos cartos para a súa reparación, porque son nove quilómetros entre as tres”.

Por último, dentro das obras con cargo ao Fondo Estatal, unha das que están programadas é a peonalización da rúa Basanta Silva. Esta actuación é necesaria pola “busca da humanización de espazos” en Vilalba, e esta rúa, ao ser “unha prolongación natural da Alameda, é unha zona de ocio importante, polo que será unha medida ben acollida”. A peonalización será desde a Praza da Constitución ata a súa intersección con Luis González Valdesuso.

Outras das obras que darán comezo en breve serán “as dos arranxos nas beirarrúas de Novo Cazón, Nevado Bouza, Rúa de Ribadeo, Luis González Valdesusuo, e tamén as de Carmiña Prieto Rouco, porque son moi estreitas. Tamén se farán arranxos na rúa do Muíño, na rúa dos castros e Alcalde Fraga Bello, e tamén a rúa de Muras”, segundo se desprendeu das declaracións do alcalde.

Sociedade