Control de xogo, ilusión e fútbol en Maniños

Control de xogo, ilusión e fútbol en Maniños

04 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O Maniños foi quen de defender a categoría e asegurar a permanencia cando ainda falta unha xornada para o remate da Liga da Primeira Autonómica de fútbol. Amosouse como un equipo forte, con control do xogo, ilusión e fútbol. A afección do Maniños celebrou por todo o alto a vitoria lograda fronte ao Abellá (2-1) baixo un sol de xustiza.

O equipo local mantivo no Pote o control do partido desde o pitido inicial pero non deu xenerado ocasións claras de gol antes do descanso, exceptuando dúas xogadas de Pelé. A segunda parte comezaba cunha dinámica similar, pero o Abellá aproveitou unha pérdida de balón no medio do campo para  adiantarse no marcador cun tiro desde fóra da área. Quedaba media hora, e o Maniños logoru empatar aos dez minutos cun gol de Churras. O dianteiro mugardés fallou un penalty para engadirlle máis emoción aos últimos compases do partido. No último minuto do desconto, Blanco quedou só diante do porteiro de Frades e acertou a marcar o gol que valeu unha temporada.

Deportes