Controversia arredor da inauguración da ETAP de Allariz-Taboadela

Controversia arredor da inauguración da ETAP de Allariz-Taboadela

14 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz lamenta a falla de respecto institucional do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorial e de Infraestruturas en relación á inauguración da Nova ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de Allariz-Taboadela.

A convocatoria ao Concello de Allariz para esta inauguración foi emitida exclusivamente a través dun fax na tarde de onte ás 19:30h. sen que houbera outra notificación nin contacto algún co propio Concello, impedindo así a presenza de Francisco García, Alcalde de Allariz. 

Esta circunstancia impediu que a Alcadía de Allariz tivese coñecemento da existencia da inauguración ata o propio día da mesma, hoxe, atopándose Francisco García, en Santiago de Compostela na reunión ordinaria da FEGAMP facendo imposible a asistencia a este acto como sería lóxico.

Institucional