Convócanse os exames para manexar embarcacións de recreo

Convócanse os exames para manexar embarcacións de recreo

06 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as datas para a realización dos exames teóricos e prácticos ordinarios libres para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a

No caso de patrón para a navegación básica, o exame teórico realizarase o 19 de maio e o 16 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 20 de maio e o 17 de setembro; e as de patrón de iate realizarase os días 21 e 22 de maio e 18 e 19 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións realizaranse o 29 de maio e o 24 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e nas Escolas Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.

No que respecta aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase o 26 e 27 de maio e o de patrón de moto náutica A e B, o 28 de maio. As probas prácticas de ambas titulacións celebraranse os días 29 e 30 de maio. Na convocatoria de setembro as probas teóricas de capitán de iate serán o 22 e o 23 de setembro e o exame práctico o 24 dese mesmo mes. Os interesados nestas probas terán que examinarse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo.  

En canto ás horas de todos os exames, estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Os interesados en asistir aos exames deberán cumprir as condicións establecidas na orde do 8 de xaneiro de 2009 (DOG Nº 11) e presentar a documentación requirida na secretaría dos centros nos que se realice o exame ou nas oficinas de rexistro da Xunta.

Matrícula
Os que desexen examinarse na convocatoria de maio para estes 5 títulos poderán inscribirse do 31 de marzo ao 17 de abril, ambos inclusive. Para a convocatoria de setembro o período de matrícula é do 1 de agosto ao 20 de agosto.

Sociedade