Convócase a nova edición do Festival da Mocidade coa língua de Fene

Convócase a nova edición do Festival da Mocidade coa língua de Fene

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Estamos ás portas dunha nova edición do Festival A Mocidade coa Lingua de Fene.. Celebraráse o dia 7 de maio na Praza do Concello de Fene con Pablo Bicho como convidado especial. Os grupos non escolares teñen ata o 16 de abril para inscribirse.

Promove este Festival da mocidade coa Língua o Departamento de Cultura xunto coas Equipas de Normalización Lingüística dos centros educativos do Concello fenés. Querese promocionar a música en lingua galega e proporcionarlles aos grupos a oportunidade de actuar nun espazo escénico en condicións.

Este ano participan tres grupos que pertencen actualmente aos centros de ensino do CPI “A Xunqueira” de San Valentín e ao Ies de Fene (Barallobre): Os Trovadores do demo; Os Fenéticos e Arredemo. O festival terá lugar o venres, 7 de maio de 2010, na Praza do Concello de Fene, a partir das 20.00 horas.

Daráse a oportunidade a outro grupo de Fene, no que os seus membros xa non cursen estudos nalgún centro educativo do concello. Para iso os compoñentes deben ter menos de 30 anos e presentar duas cancións en galego que non teñen por que ser orixinais.  Deben cubrir unha folla de inscripción na páx web do concello ou achegarse ao departamento de cultura onde están as bases. O prazo acaba o 16 de abril.

O grupo seleccionado será o cuarto en participar no Concerto-Festival “A Mocidade coa Lingua 2010” o día 7 de maio na Praza do Concello, que concluirá co convidado, Pablo Bicho.

Sociedade