Convocados os Curuxa do Humor

Convocados os Curuxa do Humor
08 de Febreiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene abre o prazo para participar no XXVIII Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”. A contía dos premios ascende a 5.000 euros, a repartir entre as categorías Curuxa, Curuxa Nova e Caricatura.Os orixinais poderán presentarse até o vindeiro 31 de maio.

Ábrese o prazo para a presentación de obras a unha nova edición dos “Premios Curuxa” do Museo do Humor Xaquín Marín, trala publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia do mércores día 7 de febreiro.. As persoas interesadas en participar poderán entregar ou remitir os seus debuxos ao Rexistro Xeral do Concello até o vindeiro 31 de maio.Novamente, nesta edición, haberá tres categorías: Curuxa, para maiores de 25 anos; Curuxa Nova, para persoas de 16 a 25 anos e Caricatura, na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos.

Bases completas da convocatoria na web municipal do Concello de Fene www.fene.gal ou no B.O.P. núm. 28 do mércores 7 de febreiro de 2024. Para consultar calquera cuestión sobre o concurso ou resolver dúbidas, pódese chamar ao 981 342 400 (de luns a vernes en horario de mañá) ou enviar un correo electrónico a museodohumor@fene.gal

 

Institucional

Publica o teu comentario agora