A cooperación empresarial como chave para a internacionalización

A cooperación empresarial como chave para a internacionalización

27 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou a importancia da cooperación empresarial para acelerar o proceso de internacionalización da economía galega para facerlle fronte á crise económica. Fíxoo durante a súa intervención no acto de clausura do IV Encontro cos Empresarios Galegos no Exterior, evento organizado pola Consellería a través do IGAPE, destinado á detección de oportunidades de negocio e

Durante o encontro, a Consellería de Economía e Industria asinou un convenio de colaboración coas asociacións de empresarios galegos de diferentes países, destinado a promover a incorporación a estes colectivos de máis empresarios de orixe galega e incentivar a colaboración e a prestación de servizos con empresarios galegos que aposten por internacionalizarse neses mercados.

Na súa intervención, o conselleiro fixo alusión ao informe que indica que Galicia representou no pasado 2009 o 10% das exportacións españolas, cun superávit de 800 millóns. Segundo Guerra, estes datos mostran que as empresas galegas resisten mellor a crise grazas, fundamentalmente, á súa fortaleza exportadora.

En relación ás declaracións do presidente do Goberno asegurando que as centrais galegas non están ameazadas polo decreto do carbón, o conselleiro indicou que Zapatero non está ben informado e asegura que a Xunta seguirá pola vía xudicial e non tolerará a formulación do Executivo de agardar a ver se ocorre algo.

Sociedade