Cooperación entre radios locais

Cooperación entre radios locais
05 de Novembro, 2023 - 09:19 h. | Publicada por Radiofusión

“Retos e axenda para a comunicación local co horizonte 2030”. Ese será o tema dunha mesa redonda na que participan as Emisoras Municipais Galegas. Abordarán ese asunto conxuntamente coas municipais andaluzas, catalás e coas radios comunitarias. Tamén se falará da xestión sustentable da auga, dos parques nacionais, da equidade de xénero e do equilibrio social, económico e ambiental da Axenda 2030.

Reunión de Onda ODS en Fene

As Segundas Xornadas “Retos Globales Impacto Local” celébranse este xoves e venres en Sevilla. Forman parte do proxecto “Onda ODS. Empeza por ti” promovido conxuntamente por Emisoras Municipales de Andalucía, EMUGA, RTV Cardedeu La Xarxa e a Red de Medios Comunitarios, coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

 

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora