A coordinadora de ONGDs denuncia que Feijóo incumpriu as súas promesas electorais

A coordinadora de ONGDs denuncia que Feijóo incumpriu as súas promesas electorais

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Galicia é a comunidade que menos recursos destina á cooperación internacional, unha fenda que se vai agravar máis cos presupostos da Xunta para 2010. A Coordinadora Galega de ONGDs denuncia que, aínda que o PPdeG prometera na campaña electoral multiplicar por catro esas partidas, ao chegar o momento de confeccionar os primeiros presupostos da lexislatura o Goberno optou por reducilas nun 20%. O presidente do colectivo, Xose María Torres, asegurou en Radiofu

O famoso 0,7% atópase moi lonxe da realidade das contas públicas galegas. Os Orzamentos Xerais destinan arredor 10.000.000 de euros á cooperación internacional, o que supón o 0,08% do total.Desde a Coordinadora Galega de ONGs para o desenvolvemento entenden que factores como a actual conxuntura económica ou a prometida austeridade non poden converterse en escusas para recortar os fondos solidarios. Xosé María Torres lembrou en Radiofusiòn que os países en desenvolvemento tamén sofren a crise e argumentou que as mesmas persoas que agora apostan por reducir as partidas solidarias non avogaban por incrementalas en épocas de bonanza económica. Ademais, o presidente da Coordinadora incidiu en que a campaña electoral xa se desenvolveu en plena crise e, malia esa circunstancia, o PpdeG prometeu que quitaría a Galicia da cola estatal en materia de cooperación.

Os representantes das ONGDs galegas exporanlles estas opinións aos representantes dos grupos parlamentarios. A semana que vén reuniranse co voceiro do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, na que será a cita clave deste proceso negociador, xa que os populares contan con maioría absoluta na Cámara e deles depende, polo tanto, a aprobación dos Orzamentos Xerais para 2010.

Sociedade