A coral La Eterna Juventud actua en Fene

A coral La Eterna Juventud actua en Fene

01 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un completo programa de actividades deseñou o Centro Social de Fene como remate das actividades da temporada. O venres xantar de confraternidade, o sábado churrascada e o sábado da vindeira semana excursión a Carballiño.

Este venres organizan un xantar de confraternidade. Servirán ensaladilla, costela asada, postre, auga mineral, viño e cafe ao prezo de 7,50 euros. Clausurarán as actividades cunha exposición dos traballos realizados ao longo do curso. Actuará a coral La Eterna Juventud e se entregarán diplomas aos alumnos e alumnas que levan máis de 5 anos asistindo ao obradoiro de memoria.

O sábado servirán unha churrascada que rematará cun baile amenizado por Manuel. Para a vindeira semana, o sábado dia 11 protagonizan unha excursión a Carballiño, que sairá ás 8,30 da mañá do Centro Social, para participar na Xuntanza dos Maiores da localidade ourensán, segundo informa o director do centro Ignacio Orejas.

Sociedade