Cordialidade na reunión entre o Concello e a Secretaría Xeral de Familia para a creación da segunda escola infantil de Fene

Cordialidade na reunión entre o Concello e a Secretaría Xeral de Familia para a creación da segunda escola infantil de Fene

08 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Reunión entre o Concello de Fene e a Secretaría Xeral da Familia da Xunta de Galicia. O alcalde do Concello, Iván Puentes, e a Concelleira de Servizos Sociais, Rocio Rei, viaxaron esta mañá ata Santiago de Compostela na procura de avances para a construción da que sería a segunda escola infantil pública do municipio. O proxecto situaría en Barallobre a gardería, que ocuparía as instalacións da Escola Unitaria do Ramo. Segund

A Escola Infantil do Ramo en Barallobre serán as segundas instalacións deste tipo no concello de Fene. A primeira Escola Infantil do Concello inaugurouse no ano 2007 e integrábase dentro da rede de Galescolas do Consorcio de Igualdade e Benestar do anterior goberno da Xunta de Galicia. As imstalacións de Perlio gozan dunhas 70 prazas en xornada partida de mañá ou de tarde, pero xa hai unha lista de espera de arredor de 20 familias, que se poderían ver beneficiadas coa posta en funcionamento da Escola Infantil do Ramo.

Sociedade