Corenta mozos gozaron cunha nova incursión á neve

Corenta mozos gozaron cunha nova incursión á neve

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Asociación Cultural Borobó de Boiro (A Coruña) vén de celebrar unha nova viaxe á neve, concretamente á estación invernal de San Isidro (León) durante a pasada fin de semana. A ela asistiron un total de corenta mozos e mozas de diferentes puntos de Galicia.

Nesta ocasión, contouse cun grupo de persoas procedentes non só dos municipios do Barbanza, senón tamén de Vilagarcía, Cerceda, Santiago ou A Coruña. O Presidente da entidade, Jorge Campaña, afirmou sentirse “moi satisfeito porque asemade axudamos a que a nosa vila se coñeza en Galicia ao traverso da labor realizada polas asociacións locais”. Dacordo cos datos ofrecidos, tan só oito persoas se mantiveron no listado de asistentes ás dúas viaxes, co cal un total de 70 persoas pudieron disfrutar deste tipo de iniciativas levadas a cabo pola entidade. 

Campaña tamén incidiu nos beneficios destas actividades nas que os mozos e mozas poden aprender e divertirse coa práctica de deportes de inverno ao mesmo tempo que disfrutan da Natureza e da convivencia con outros mozos. Por outra banda, tamén sinalou que “estas actuacións van na liña da entidade de ofertar distintos servizos á sociedade, de diversidade cultural e de ocio”. A saída realizouse o venres ás 24:00 horas e o regreso levouse a cabo o domingo, aproximadamente ás 23:00 horas. Desta forma permitiuse que calquera persoa, estudante ou traballador, non tivera problemas de incompatibilidade de horarios para poder asistir.

Sociedade