As cores do inverno na fervenza do Belelle

As cores do inverno na fervenza do Belelle

11 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cincuenta metros de caida de auga poden contemplarse na Fervenza do Marraxón ou do Belelle, xusto no límite entre os concellos de Fene e Neda. A auga precipítase en torrentío nunha auténtica marabilla da natureza con gran valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental. Auga desatada a cachón que torna en escuma e finísimas burbullas cando bate contra o río na procura de acubillo, río que vai enchendo ese mar ta

Para acceder en automóbil
Desde Neda collemos ata o lugar do Roxal. Alí, no medio da aldea, cóllese á dereita por unha rúa que indica o Camiño da Fervenza, e que pasa polo Pazo de Isabel II, antiga fábrica téxtil. Bordeando o río por unha estreita pista asfaltada, e despois dun quilómetro, chégase ao fina onde se sitúa a central eléctrica. Apárcase o coche e pódese atravesar a cancela do valado, para seguir rodeando unha sebe, atravesar unha ponte de cemento e subir por unha senda cara ao monte, desde onde a fervenza se atopa a uns trescentos metros.

Para acceder a pé
En Fene cóllese cara Sillobre, onde nos diriximos á aldea de Marraxón. Ao chegar ás casas, hai que aparcar o coche, e baixaremos por un carreiro que en zig zag nos levará ata a fervenza. O cumio de Marraxón alcanza os 341 metros de altitude e o descenso ata o nivel do mar realízase nunha senda peonil en tres tramos. O primeiro, de 550 metros parte de Marraxón até a canle de auga de servizo á central. O segundo de 800 metros, descende pola ladeira do monte até o rio Belelle xunto ás instalacións da central eléctrica. O terceiro de 200 metros enlaza a central co pé da fervenza a carón das augas do río.

Sociedade