Correndo os camiños da dignidade

Correndo os camiños da dignidade

27 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Recuperar a música tradicional é transitar os vieiros da dignidade" afirmou Baldomero Iglesias (de Mini e Mero) na Xuntanza de Gaiteiros 2014, organizada pola banda de gaitas Airiños de Fene. O gaiteiro de Flandes, Stefan Timmermans participou na homenaxe a Raúl Galego dentro dun evento conducido con dinamismo e poesía polo músico Xurxo Souto. Stefan confesou a Radio Fene que prefire asistir ao homenaxe en vida, que agardar trinta anos

El foi unha das sorpresas da Xuntanza de Gaiteiros celebrada na tarde do sábado en Agarimo de Sillobre, unha festa rachada, grazas ao ánimo contaxioso dos grupos convidados, do conductor da festa e do propio homenaxeado, Raúl Galego. Os comentarios aclaraban a razón; “Homenaxease a un gaiteiro” . A Xuntanza discurríu a bon ritmo e non estivo exenta de improvisacións como cando o público seguíu cantando o himno galego que quedara pola metade e o gaiteiro homenaxeado colleu a gaita e veña himno.

A Gaita de Sarandón, Mini e Mero, Millo Verde e o grupo de baile Cambadela fixeron gozar ao público que enchía o local social de Sillobre. Os Melidaos e as cantareiras novas de Airiños de Fene montaron a festa despois de rematada a Xuntanza, ata altas horas. Contaron coa colaboración de Raúl Galego e a súa familia que gozaron dunha noite en Fene inesquecible.

Sociedade