Corte de auga en Conces

A falla de suministro débesa a obras de enganche á rede
09 de Setembro, 2019 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

Corte de auga no centro de Fene, o martes dia 10.

Un corte de auga afectará mañá martes dia 10 á avenida de Conces e á subida ao Sartego para a realización duns enganches na rede. O corte do suministro está previsto entre as 8 da mañá e as 17.00h. Se non houbera problemas ou imprevistos, Viaqua podería repoñer o servizo quizás antes, contra as tres da tarde. É unha información da concellería de servizos do concello de Fene. O corte do suministro é consecuencia das obras de renovación da rede de abastecemento de auga, saneamento e aglomerado no Camiño do Sartego –dende a Avenida Naturais ata o Camiño de Casanova.

Institucional

Publica o teu comentario agora