Corte de auga nunha zona de Fene

Corte de auga nunha zona de Fene
04 de Abril, 2019 - 01:00 h. | Publicada por

Unha rotura na conducción de auga na avenida de Conces en Fene provocou problemas no suministro ás vivendas deste vial desde esta madrugada. Segundo informan desde Viaqua, ao detectarse a rotura activouse o suministro a esta zona por outro tramo da rede. No transcurso da reparación, fíxose necesario pechar a auga na avenida de Conces, marxe esquerda en dirección Neda.

Museo do Humor de Fene

Quedaron sen auga os domicilios desa marxe, dende a parada de taxis ata o final de Conces. A empresa concesionaria agarda ter reparado a rotura na conducción arredor das tres da tarde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora