A Coruña acolle o IV Congreso Mundial do Deporte en idade escolar

A Coruña acolle o IV Congreso Mundial do Deporte en idade escolar

16 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A cidade da Coruña acollerá o IV Congreso Mundial do Deporte en idade escolar, entre o 5 e o 7 de novembro. Dentro do seu obxectivo de fomentar o deporte, en especial entre máis novos, a Deputación provincial fai unha achega de 10.000 euros. Con esta subvención a organización poderá facer fronte aos gastos de viaxes, aloxamento, publicación de trípticos e outros custos de organización do congreso. O presidente, Diego Calvo, asinou est

Este evento, que se celebrará do 5 ao 7 de novembro na facultade de ciencias da Educación da Universidade da Coruña, pretende investigar e compartir novas técnicas sobre a ciencia do deporte, en especial, no ámbito da educación. Así, están invitados adestradores, técnicos e outro persoal relacionado cos clubs deportivos, así como profesores de educación física e outros profesionais deste mundo.

A achega provincial é de 10.000 euros, o que supón o 80% do orzamento total necesario (12.500 euros) para facer fronte aos gastos de organización como viaxes,  aloxamento e publicación de trípticos, entre outros. O portavoz de Sportis, Víctor Arufe, agradeceu a contribución da Deputación sen a cal non se podería celebrar este seminario de carácter internacional.

Conferenciantes internacionais.

Está previsto que este congreso, con carácter mundial, reúna a máis de 400 profesionais e entre os conferenciantes estará a rusa Elena Komova, o brasileño Alex Branco e Rui Matos de Portugal. Ademais, durante as xornadas presentaranse ao público uns 50 traballos de investigación. Esta parte máis teórica, combinarase con talleres de diversas temáticas.

A entidade que organiza este congreso está dedicada á formación deportiva a través dos seus obradoiros, seminarios e organización puntual de congresos. Anualmente a través dos seus cursos  forma a máis de 500 profesionais do deporte que traballan a diario.

Os interesados en participar neste IV Congreso Mundial do Deporte en Idade Escolar, pode inscribirse ata o 31 de outubro a través da web www.sportis.es.

Sociedade