A Coruña acollerá este sábado a III Marcha Ciclonudista

A Coruña acollerá este sábado a III Marcha Ciclonudista

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A praza de María Pita será o punto de saída da III Marcha Ciclonudista da Coruña. Un evento de ámbito internacional que fóra das nosas fronteiras alcanza xa os seis anos de vida. A cita pretende converter este sábado, día 13, nunha xornada reivindicativa e festiva. As demandas céntranse en concienciar aos cidadáns e, sobre todo, aos condutores dos veh&iac

Esta é unha marcha pacífica, na que en anteriores edicións participaron unhas 50 persoas. A saída de María Pita terá lugar ás doce do mediodía. De entrada o único requisito é ter bicicleta, aínda que despois os que o desexen poden apuntarse a espirse a medida que avance a marcha. O obxectivo é rematar nunha praia da cidade comendo e gozando dun dereito.

Igualmente, este evento pretende facer unha aposta polo uso de medios de transporte sostibles e que protexan a nosa saúde e o noso medio ambiente.

Sociedade