A Coruña celebra unha noite solidaria de apoio ao Festiclown Palestina

A Coruña celebra unha noite solidaria de apoio ao Festiclown Palestina

05 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Fórum Metropolitano da Coruña acolle ás oito e media desta tarde unha gala solidaria en apoio ao Festiclown Palestina. O Mago Teto, Pedro Brandariz, A compañía do ruído, …As 3, Carlos Sante, Sue Moreno, Gustavo Pernas (Ancora Producións) e Ángela Blanco son os artistas locais que se subirán ao escenario. A eles sumarase a presentadora, Isabel Risco, a intervención de Iv&aacute

Organizado pola asociación Pallasos en Rebeldía e coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, do Fórum Metropolitano e da Asociación Manicómicos e demais artistas que participan na gala, a cita pretende achegar a realidade palestina e o proxecto que Pallasos en Rebeldía está a desenvolver nos territorios ocupados por Israel.

De feito, desde hai uns días, unha caravana solidaria (a primeira do Festiclown Palestina 2010-2011) conseguiu entrar en Gaza e está a fomentar as artes circenses como alternativa psicolóxica e social á situación de ocupación e conflito bélico que sofre o pobo palestino.

Cultura