A Coruña do 1958 inaugura o ciclo de Teatro de Outono de Culleredo

A Coruña do 1958 inaugura o ciclo de Teatro de Outono de Culleredo

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Ciclo de Teatro de Outono de Culleredo adicado ao escritor e director Roberto Vidal Bolaño arrinca coa representación pola compañía Teatro do Noroeste do musical “Glass City”. Este ciclo enmárcase no programa dos “Encontros culturais de Outono.". A cita terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples este venres ás oito e media do serán con entrada gratuíta.

En Glass City, dúas cuestións impregnan todo o espectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é A Coruña, e a época setembro de 1958. Tempo no que acostumaba a pasar varios días de veraneo Francisco Franco na cidade herculina. Con él chegaban unha gran cantidade de ministros dun goberno que transformaban a cidade durante uns días na capital de España.

Alí  celebráronse consellos de ministros e constantes recepcións no Palacio do concello, no club Náutico, e noutras sociedades civís. Tamén se realizaron gran cantidade de inauguracións, festexos e concursos para darlle pulo e esplendor a un réxime usurpador que xa levaba imposto máis de vinte anos .

Pero no ano de 1.958 tamén  chegan os bares de A Coruña, as "juke box", máquinas de discos, importadas de Estados Unidos  cargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker e compañía. O xermolo da revolución da música xuvenil estaba servida e arraigaría anos depóis. Nace a xuventude como clase social. 

Glass City, non é unha obra histórica, pero a historia incide en nela con especial consideración. Sobre todo os sucesos que ocorreron neses días en A Coruña: as inauguracións da Sociedade Hípica, da Fábrica de Armas ou do Supermercado de San Agustín, a cea de gala no Palacio do concello, onde, para susto de todas as autoridades, se interpretou o Himno Galego, ou a pesca por parte do Azor e de Franco.

O proxecto, elaborado por  Teatro do Noroeste, pódese ver ás oito e media este venres 2 de otubro no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo. A entrada é de balde.

Este espectáculo representarase por toda Galicia nos meses que van de mediados de outubro de 2009 ata mediados de xaneiro de 2010. 

Cultura