A Coruña escoita, antes que ningunha outra cidade en España, a voz en solitario da soprano Daniela Dessì

A Coruña escoita, antes que ningunha outra cidade en España, a voz en solitario da soprano Daniela Dessì

18 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Coruña acolle esta noite o primeiro concerto en solitario en España da soprano Daniela Dessì. Considerada unha das máis importantes intérpretes do repertorio italiano, a diva interpretará arias de varias óperas, acompañada pola Oviedo Filarmonía, baixo a batuta de Friedrich Haider. A cita, que se celebrará a partir das oito e media no Teatro Colón, enmárcase no ciclo Grandes Voces do

Daniela Dessì naceu en Xénova en 1960 e graduouse no conservatorio Arrigo Boito de Parma, especializándose máis tarde na Accademia Chigiana de Siena. En 1980 gaña o seu primeiro premio no Concurso Internacional organizado pola RAI, despois do cal debutou coa Ópera Cómica de La Serva Padrona de Pergolesi. Durante a súa carreira artística, recibiu importantes premios polas principais asociacións musicais, entre os que figuran o Zenatello-Arena di Verona, o Giordano ou Puccini pola Municipalidade de Torre do Lago. A día de hoxe, o seu repertorio abrangue máis de 70 títulos operísticos, con estilos que van desde Monteverdi a Prokofiev, desde o barroco ás ás interpretacións das heroínas de Mozart e Verdi. De feito, a diva italiana está considerada por moitos como a mellor intérprete do repertorio verista.

Sociedade