A Coruña vive a súa semana máis máxica

A Coruña vive a súa semana máis máxica

22 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Maxia nas rúas, nos hospitais, nas bibliotecas, nos colexios… o ilusionismo e o mundo da maxia inundan todos os espazos da Coruña coa celebración do XXX Congreso Máxico Nacional que se celebra esta semana na cidade herculina. Mentras que nas pasadas edicións se desenvolvían os sábados e os domingos (Os Sábados e Domingos Máxicos), este ano concentraron o programa nunha semana ao coincidir coa celebración do congreso. 200 interacci&

A rúa é o espazo máis determinante onde todo o mundo está convidado a contemplar os espectáculos ao ar libre. Desde hai unha semana tamén se celebra o IV Festival de Maxia da Coruña que inclúe todo tipo de actividades e obradoiros.

Destaca o espectáculo Maxia para cegos, onde un ilusionista chileno crea un espazo onde están presentes todos os sentidos agás o da vista. O público entrará e non verá nada pero o resto de sentidos estarán en “estado de revista”. Unha ocasión moi especial para contemplar un espectáculo polo público e restos de magos.

A semana acollerá dúas galas, o cumio do congreso para os congresistas e para a cidade. A Gala Grandes Premios da Maxia conta con moita significación “Non son os números uns, son os que están por riba do normal”, declarou en Radiofusión un dos organizadores, o Mago Antón. Alí reuniranse moitos dos grandes máxicos dos últimos 30 anos. Sobrancea a presenza de John Calvert de 99 anos.

Os congresistas xuntaranse no Palexco, para charlar e percorrer a traxectoria da maxia con Calvert e Juan Tamariz. 700 magos escoitando, un momento sublime e inesquecible, describiu o Mago Antón.

Outro dos atractivos será o Barco Máxico de Juan Tamariz. Esta actividade realizarase todas as noites, a partir das doce, nunha antiga goleta atracada no porto deportivo. Só poderán ver o espectáculo “in situ” uns poucos espectadores. Sortearanse as entradas nas emisoras de radio. O resto de público visionarano desde a vela inmensa do barco, na que constitúe unha proxección potente e chamativa.

O Mago Antón tamén ofrecerá o seu espectáculo de escapismo que estrenou en 1990, repetiu dez anos depois e neste emblemático 2010 máxico coruñés reincidirá con este espectacular experimento.

Maxia en estado puro na Coruña. Só queda una asignatura pendente, afirmou o Mago Antón, dar a coñecer que en Galicia a maxia ten moito predicamento. “A maxia debe ter oco na sociedade, seguir avanzando neste senso”. Facer que as cousas imposibles se fagan posibles. Hai que crer na utopía, apuntou.

Sociedade